Saturday 18 de May de 2024

A diversidade musical volve encher de música o Claustro do Concello de Ortigueira


• A terceira edición de ‘Seráns non Claustro’ está composta por catro propostas diferentes: desde a tradicional de Bouba ata a bossa nova-jazz de Vatapá Quinteto

• Arrinca este 12 de agosto e estenderase durante catro sábados, ata o 2 de setembro

O Concello de Ortigueira presenta a terceira edición do ciclo de concertos ‘Seráns non Claustro’, que levará a cabo mañá, sábado 12, e o resto dos sábados do mes de agosto e o primeiro de setembro. Na programación deste ano, que volve ter ao Claustro da Casa do concello como idílico escenario, volve apostar por un programa diverso e gratuíto.

O grupo Bouba será quen dea o pistoletazo de saída ao ciclo, mañá sábado 12 ás 20.30 horas. O conxunto de cantadoras e pandereteiras ofrece un espectáculo no que a música, a posta en escena e os elementos audiovisuais únense para reivindicar a cultura popular e tradicional.

O sábado 19, á mesma hora, a clarinetista Marta Sancho e o pianista Alejandro Vargas levarán ao público por un percorrido poético-musical, baseado nos poemas de escritores e escritoras galegos. O repertorio inclúe obras e poemas de Andrés Gaos, Rosalía de Castro, José Baldomir, Salvador Golpe ou Curros Enríquez.

Quinteto In Monumentum será o terceiro grupo de artistas que actuará no ciclo, o sábado 26. Neste espectáculo de música clásica, que comezará tamén ás 20:30 horas, interpretaranse as grandes melodías de Mozart e Schubert.

Unha actuación de bossa nova – jazz será a que poña o punto e final a ‘Seráns non claustro’ o día 2 de setembro. A agrupación Vatapá Quinteto empezará a encher de música o claustro ás 20:30 horas.
Estas son as catro citas que integran a terceira edición do ciclo ‘Seráns non claustro’, que será de acceso libre para o público ata completar o aforo do Claustro do Concello. No caso de que as condicións meteorolóxicas non o permitan, os concertos trasladaranse ao Teatro dá Beneficiencia.